Legal

Toda a OBRA FOTOGRÁFICA e TEXTOS que se publican en todo o sitio ANXODAFONTE.COM e derivados (coma BLOG.ANXODAFONTE.COM) pertencen ó autor (ANXO DAFONTE*) e polo tanto, tódolos dereitos están reservados e garantidos polas leis internacionais. Pra calquera ampliación de condicións e licencias sobre a citada OBRA FOTOGRÁFICA LITERARIA ten que ser obtida explicitamente e por escrito podendo usar o formulario de contacto tanto pra elo coma pra calquera outra consulta.



O sitio BLOG.ANXODAFONTE.COM e tódolos seus derivados está resgardado na plataforma de Blogger que pertence a Google Inc., sendo administrado e xestionado por ANXO DAFONTE.

Os servizos de cookies e recollidad de datos de comentarios son levados a cabo polos servizos de Google e polo tanto, ó navegar, comentar o pórte en contacto coa administración do blog, aceptas tódalas políticas de privacidade propostas por Google, Inc.

Cando te comunicas mediante o formulario o fas expresamente co administrador do sitio (ANXO DAFONTE) o cal usará o teu enderezo de correo electrónico e o teu nome pra ofrecerche unha resposta, motivo polo cal, no formulario de contacto é obrigatorio deixar ese dato de carácter persoal.

ANXO DAFONTE non garda nin almacena datos persoais de ningún tipo. Ó non facer vendas nin practicar ningunha outra actividade comercial, non se che solicitará por ningún medio, forma de pago algunha.

Fóra destos termos, se queres saber máis sobre as políticas de privacidade de Google Inc. e do tratamento que fai dos teus datos persoais así coma do tipo de cookies que usan e de coma é que podes xestionales, podes usa-las seguintes ligazóns pra que che sexa sinxelo atopa-la informacion que precisas:


Sobre os dereitos de autor

A normativa internacional protexe o dereitos de autor e de imaxe desde o mesmo intre no que se xenera a obra.

Cada autor resérvase o dereito a modificar ou adaptar as licencias de cada unha das súas publicacións. Cando non se indica nada na publicación enténdese que tódolos dereitos están reservados.

Pra resolver calquera dúbida podes contactar directamente co autor e solicita-las ampliacións de licenza.

Xurisprudencia

No caso de existir algún problema derivado do incumprimento dalgún dereito e se tivese que recurrír ás instancias xudiciais farase sempre baixo a xurisprudencia dos Xulgados de Santiago de Compostela, téndose que desprazar tódalas partes a eses xulgados no caso que a presencia fose esixida polas autoridades pertinentes.

O visitante do sitio, ó navegar polo mesmo, acepta entender e estar totalmente dacordo coas súas políticas de privacidade, de cookies e cos presentes textos legais.

Agradezo enormemente as túas visitas e o tempo que pasa por aquí comigo e quixera tamén aproveitar este aviso pra deixarche un agarimoso saúdo.


Apertas,




*Nome completo do autor: XOSÉ ANXO DAFONTE GÓMEZ


Publicacións populares